sábado, 11 de abril de 2020

Saúdo de benvida


Queridísimos alumnos e alumnas:

En primeiro lugar espero que esteades a pasar esta amarga situación da mellor maneira posible. Desgraciadamente,tocounos vivir unha experiencia moi triste e dura .Estou segura de que daredes o mellor de cada un de vós para superala da mellor maneira posible.

Pensade en vós, adicade tempo a facer as cousas que vos fan felices e para as que non tedes tempo polas présa do día a día.

Pensade tamén nas vosas familias, colaborade con papá e mamá para facerlles todo más fácil .

Acordádevos dos avós, tíos....amigos que queredes e falade con eles a miúdo.

Desexo que esto acabe canto antes e que nos volvamos a ver no noso colexio e nas nosas clases coas que tan ben o paso e nas que sempre espero que disfrutedes vos tamén.

Iniciamos contacto para retomar o traballo de Educación Física.
Neste blog irei poñendo suxerencias para mantera  actividade física na casa.

Unha aperta.